انتقل إلى وضع عدم الاتصال باستخدام تطبيق Player FM !
“Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Episodio 1
Manage episode 344273495 series 1085832
Igual xa non contabas con que voltaría nalgún momento Retrato Sonoro.
Nun formato diferente ao acostumado, pero é que o protagonista deste Retrato Sonoro e dos capítulos que están por vir ben o merece.
Tampouco é sinxelo tratar toda a información que me aportou e que teremos que ir debullando pouco a pouco, xa que logo foron 8 horas de conversa co convidado onde falamos de todo.
E consideramos, Jordi (o responsable último da plataforma de podcast Sons), Emmanuel Vázquez, fiel colaborador deste podcast e que me axuda nos vídeos promocionais que podedes atopar no Instagram de Retrato Sonoro e outras plataformas e máis eu, Fidel Mouzo, que a mellor maneira de tratar a conversa co noso protagonista, Martín, era facelo desta maneira.
Martín. Martiño. O Ti Martiño, como se lle denomina a unha persoa maior e respetable, na contorna de La Tejera, A Teixeira un lugar no concello de Hermisende, na Alta Sanabria que pertence á provincia de Zamora.
E cómo en galego? Sinxelo, alí o falan.
Cómo lle chamaremos a este podcast? Pois o título xa o dou feito Martiño:
“Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño.
Porqué? Primeiro porque a frase sae do propio Martiño, pero tamén porque é a máxima representatividade do espírito co que Martín enfrontou as súas conversas conmigo. Unha persoa xa vella, porqué non decilo, pero cunhas ganas e forza para contar sobre os temas propostos que é digna de eloxio.
Importante: o Ti Martiño ten agora mesmo 101 anos, a outubro de 2022. Preto das 103 primaveras porque cumpre anos o 4 marzo. A súa data de nacemento foi no ano 1921. Nas seguintes fotografías podes ver as homenaxes que se lle teñen feito no seu pobo natal e no País Vasco por estas circunstancias.
Despois da introdución e de darlle mil voltas sobre con qué comezar a escoitar a Martiño, quedanvos dous audios onde, primeiro falamos dos seus especiais apelidos Martiño Gordo Mostaza e logo o escoitarás nunha das partes onde puxo especial agarimo, como coñeceu e chegou a facer vida en común coa súa compañeira de vida, a xa falecida, Xon.
Agardo que vos guste este primeiro capítulo, este primeiro volume, dentro de Retrato Sonoro, de “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño.
The post “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño. Episodio 1 first appeared on Sons Podcasts.
53 حلقات

كل الحلقات
×مرحبًا بك في مشغل أف ام!
يقوم برنامج مشغل أف أم بمسح الويب للحصول على بودكاست عالية الجودة لتستمتع بها الآن. إنه أفضل تطبيق بودكاست ويعمل على أجهزة اندرويد والأيفون والويب. قم بالتسجيل لمزامنة الاشتراكات عبر الأجهزة.