Sons de Nós con Boroa 13 de decembro de 2024
MP3•منزل الحلقة
Manage episode 455285792 series 3495509
المحتوى المقدم من Radiofusión. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Radiofusión أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
Coa gaita como protagonista, Boroa presenta un conxunto de melodías de creación propia construíndo un universo sonoro que propón unha viaxe musical alén do Atlántico. Boroa son Sabela Olivares, gaita, piano, pandeireta e voz, Suso Bello, guitarra e voz e Alberto Millán no baixo. A súa música parte da nosa raíz pero é innegable que se deixan conquistar por outras harmonías de diferentes xéneros musicais sen ningún tipo de conflito nas pezas que nos agasallan. A proposta de Boroa tense plasmado nun disco editado no 2023, “O clásico Fol” no que esa mestura de harmonías está máis que presente. Compartimos con Suso Bello, guitarra e voz de Boroa este Sons de Nós, no que tamén aproveitaremos para falar desa outra faceta musical que comparte con Sabela Olivares e que é Os Jalochos, a súa proposta musical para as crianzas coa que acaban de editar un libro disco que levar por título “A Landra Viaxeira e o seu amigo Lambón” e que están a presentar cun espectáculo en directo. Pero Boroa non para e está xa a coas mans no que será o seu seguinte traballo. Unha clave de sol debuxada nun mapa é o que marcou a traxectoria que vai andar o novo disco co que están xa no estudio de gravación.
…
continue reading
1228 حلقات