لمنحك أفضل تجربة ممكنة ، يستخدم هذا الموقع ملفات تعريف الارتباط. راجع سياسة الخصوصية و شروط الخدمة لمعرفة المزيد أكثر.
فهمت!
Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 2M ago
تمت الإضافة منذ قبل eight عام
المحتوى المقدم من Radio Miñoca. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Radio Miñoca أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
Player FM - تطبيق بودكاست انتقل إلى وضع عدم الاتصال باستخدام تطبيق Player FM !
There’s only so much you can do in a week – or, according to Oliver Burkeman, in the roughly 4,000 weeks the average human lives. Oliver is a journalist and author of the books Four Thousand Weeks: Time Management for Mortals, Meditations for Mortals, and the newsletter “The Imperfectionist.” Chris and Oliver discuss the paradox of why change can only occur once we accept that we might not be able to change. Oliver also shares how life’s mishaps can become our most treasured memories and why sharing your imperfections is an act of generosity. For the full text transcript, visit go.ted.com/BHTranscripts For the full text transcript, visit go.ted.com/BHTranscripts Want to help shape TED's shows going forward? Fill out our survey ! For a chance to give your own TED Talk, fill out the Idea Search Application: ted.com/ideasearch . Interested in learning more about upcoming TED events? Follow these links: TEDNext: ted.com/futureyou Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.…
المحتوى المقدم من Radio Miñoca. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Radio Miñoca أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
Radio Miñoca é a canle de radio feita por alumnos/as do CPI Castro Baxoi de Miño (A Coruña).
المحتوى المقدم من Radio Miñoca. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Radio Miñoca أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
Radio Miñoca é a canle de radio feita por alumnos/as do CPI Castro Baxoi de Miño (A Coruña).
Xa estamos de novo convosco en Radiomiñoca, a radio do CPI Castro Baxoi! Neste segundo programa que colgamos antes da paréntese navideña (o noso traballiño nos custou…) escoitaredes, conducidos esta vez por Lian Marín como locutora, o seguinte: -Chistes para pasar uns bos momentos, -un fermoso poema de Sechu Sende que vos fará pensar, -un conto que lerán tres dos colaboradores radiomiñoqueiros, -a sección de preguntas patio cos pequenos do cole -e os non tan pequenos-, -unhas cantas curiosidades do noso fermoso mundo, -unha entrevista a Adrián Vázquez -piloto de karts e alumno de 4º ESO no noso cole- - e unha nova sección conducida por Josete dedicada aos hábitos saudables. Que vos guste e ata o próximo!!! E de paso… FELIZ NADAL DENDE RADIOMIÑOCA PARA TODA A COMUNIDADE ESCOLAR!…
Presenta o programa: JOSETE Estas son as sección deste primeiro programa do curso 16-17 en Radiomiñocafm: -UNHA INTERESANTÍSIMA ENTREVISTA A JOSÉ GÓMEZ MIÑO, colaborador do ex presidente de Uruguai, José Mujica. -Geraldín le un breve pero fermoso poema. -A famosa sección radiomiñoquense de “Preguntas patio”, por onde pasa todo o cole: dende Infantil ata Secundaria. -As “nosas” curiosidades do mundo, nas que vos contamos as marabillas deste planeta. -Cerramos o programa cunha interesante entrevista sobre a EXPOTAKU. Ah! Que non sabedes que é? Pois escoitade a uns expertos no tema… DESEXAMOS QUE O PASEDES MOI BEN ESCOITANDO A RADIO DO NOSO COLE!!! ?ATA O 2º PROGRAMA……
No programa 6 despedímonos de todos vós. Foi un ano intenso, con moito traballo e agora chegamos ao final de Radiomiñoca por este curso. Este será un programiña “exprés”, na que incluímos as dúas entrevistas que nos quedaron por subir á radio: a do noso alcalde de Miño e a da maratoniana Yolanda Gutiérrez. Aí van! Escoitádeas que vos gustarán e... ata o curso que vén, radiomiñoquensas e radiomiñoquenses!…
No programa 6 despedímonos de todos vós. Foi un ano intenso, con moito traballo e agora chegamos ao final de Radiomiñoca por este curso. Este será un programiña “exprés”, na que incluímos as dúas entrevistas que nos quedaron por subir á radio: a do noso alcalde de Miño e a da maratoniana Yolanda Gutiérrez. Aí van! Escoitádeas que vos gustarán e... ata o curso que vén, radiomiñoquensas e radiomiñoquenses!…
Neste programa nº 5 de Radiomiñoca volvemos con cousas moi interesantes: Unha sección coa que riredes porque se trata de preguntas de exames que o alumnado responde dunha “particular” forma... Tamén temos un par de entrevistas: unha, co Decano da Facultade de Ciencias da Información da Coruña (Xosé Videla) e outra con Laura Pintos, unha ex alumna deste cole. Soraya nos lerá un conto, Antonio lerá un poema de Manuel María, os radiomiñoqueiros de 1º ESO contarannos algunhas das cousas que se fixeron no cole esta tempada e entrevistarán ao alumnado que participou nesas actividades e excursións, os rapaces de 4º A de educacion Primaria contarán uns chistes e escoitaredes tamén as nosas famosas preguntas patio. Veña, pegade a orella que pasaredes un bo anaco de tempo!…
Neste terceiro programa temos novidades. A ver se vos gustan! Diego lerá un monólogo sobre os Tiranosaurios Rex; Andrea recitará un poema de Manuel María e Alba nos contará algunhas curiosidades do mundo que vos chamarán a atención. Ademais temos chistes, noticias do noso cole (Yanira desexa unha boa semana aos de 4º ESO que marchan de excursión); os pequerrechos contestan as preguntas que lles fan Roberto e Antonio (escoitádeas que seguro pasaredes un bo anaco de tempo). Teremos connosco a Edita, ex profe do cole, que lerá un fermoso conto sobre un paxaro e unha árbore e … Tachín, tachín!!!!! tamén escoitaredes a nosa entrevista estrela deste curso: a do xuíz Vázquez Taín. Pasádeo ben con este programa! Pronto volveremos con todos vós con moitas cousas máis.…
-Seguimos falando dun país, esta vez Canadá será o noso protagonista. -Yanira, Diego e Ismael lerán o conto “Orellas de bolboreta”. -Escoitaredes tamén unha reseña dun dos libros do ciclo de Harry Potter, feita por Diego, un fan incondicional dos libros de J.K.Rowling. -Temos ao longo do programa unha interesante entrevista a Manuel Diz, director dunha ONG de Lugo, que nos contará cousas moi interesantes sobre o traballo con prostitutas e persoas en risco de exclusión social. -Andrea le un poema: “Monster girl”, de Carlos Negro.…
-Unha entrevista a Manuel, ex profe de Mates. -Yanira resume un dos seus libros preferidos: O segredo de Lena. -Unha mesa redonda sobre un o libro A gata sobre o tellado de cinz -Un chiste que nos contará Ismael. -Diego e Soraya falan dun triste tema de actualidade: os refuxiados. -Falaremos dun país: Portugal…
Ola, radioíntes! Aquí estamos de novo, despois dun parón non desexado debido a problemas técnicos que esperamos subsanar para o próximo curso. Neste sexto programa escoitaredes cousas moi interesantes que non imos desvelar, así que ... dádelle ao play e que o pasedes ben. Ata o próximo programa (o 7º, que será o derradeiro por este curso), xa que Radiomiñoca está a piques de pechar por vacacións. Ata pronto, radiomiñocáns e radiomiñocás!…
Ei! Xa vamos polo quinto programa de Radiomiñoca. Agora si podemos dicir aquelo de que viñemos coa intención de quedarnos aínda un bo anaco. Sabedes que estamos sacando un capítulo cada mes así que ahí vos vai unha nova entrega de Abril cos seguintes contidos: -Na sección de cousas miñocas preguntarémoslle a Antón Prego sobre a asociación Ardóbriga e que é iso do patrimonio... -Temos un novo recuncho literario temático sobre as bandas deseñadas de manga que podemos atopar na biblioteca do centro. -Entrevistaremos a Graña sobre o seu libro Converxencia na cor vermella. -Desta tampouco ha faltar a nosa coñecida sección do zodíaco. -Dous bos amigos que se adican profesionalmente a isto da comunicación, Lucía e Sergio, sentaranse connosco para falar da radio e compartir experiencias e inquedanzas. -Todo isto edulcorado con novos momentos musicais que alegrarán o vos corazonciño de miñoca. Nada mais polo de agora. Non deixedes de visitar o noso blog onde poderedes atopar adiantos, anécdotas, comentarios e ser partícipes da comunidade miñocana.…
Acompañádesnos de novo na nosa radio? Pois se estades un tempiño con nós, isto será o que ides atopar no cuarto programa (CUARTO XA!) de Radiomiñoca: -David Blanco fará os honores radiofónicos, presentando as distintas seccións, moitas xa coñecidas polos oíntes habituais. -Teremos unha interesante mesa redonda sobre un tema moi de actualidade: as redes sociais. Nela interveñen os nosos locutores e colaboradores oficiais e unha profe do cole “forofa” das redes. -Nas Cousas miñocas estará connosco o portavoz do PSOE miñense, falando de moitas cousas de interés para a nosa vila. -Sheila, a nosa astróloga, comentará as características dos signos celtas que tocan para este programa. E claro, Jennifer, traerá a súa música preferida, desta volta música latina e tamén unha canción dun músico de reagge africano. -Para rematar, antes da despedida do noso presentador, Raquel fará un pequeño recordatorio de cousas que non debemos esquecer. ?Veña, radiomiñocos e radiomiñocas, reptade polos subterráneos e subsolos e pegade a vosa orella á NOSA-VOSA RADIO ESCOLAR!…
Xa estamos de novo con vós e este é o 3º programa de Radiomiñoca, no que escoitaredes ao noso locutor, David Blanco, presentado as distintas seccións. Resumidamente, nelas oiredes: -A dous compañeiros de 3º ESO, Fernando e Iván, falando de fútbol, acompañados de Borja, un pequecho de infantil do noso cole, tamén futbolista de pro. -Na nosa sección da mesa redonda estarán Noryis e Sergio Lage falando de música con Jenifer e David. -No recuncho literario Raquel lerá uns haikus de creación propia e Noryis un conto de amor moi especial, con sorpresa final. -Nas Cousas miñocas temos unha entrevista a unha cantareira, Andrea Seijas, que nos animará cunha fermosa canción acompañada pola súa pandeireta. -E, como non, coma sempre, Jennifer estará co seu apartado musical.…
Ola, radimiñocáns e radiomiñocás: Aquí está xa o segundo PODCAST de Radiomiñoca! Nel escoitaredes a David Blanco, o noso locutor-presentador, dando entrada aos apartados desta magnífica escaleta na que haberá: Na sección “Cousas miñocas”, unha entrevista a Juan Beceiro, mestre do noso cole, con quen falaremos arredor da figura de María, a mestra de Miño asasinada durante a época da guerra civil. Unha mesa redonda con Amador Torre (4º A ESO) e María Méndez (xefa de estudos), “enfrontados” polo tema do amor. A nosa sección zodiacal celta, da man de Sheila. No apartado literario, Raquel lerá un fermoso contiño titulado Bolboretas, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. E Natalia que se ocupará do noso tesouro agochado, no que entrevista ao alumno que o atopou. Esperamos que o pasedes ben escoitando RADIOMIÑOCA!…
Olá, radiomiñocanos. Aquí vos deixamos o noso primeiro podcast de Radio Miñoca recén saidiño do forno para que saiades das vosas toupeiras e desfrutedes un bo rato do que se coce no CPI Castro Baxoi e na nosa comarca. Faremos unha entrevista de alcance a Juan, o noso bedel, sobre a nosa besta Lucera. Non faltará a música nas nunha sección dinámica e alegre con propostas e que vos alegrarán o espírito. Tamén falaremos con unhas compañeiras moi deportistas nunha mesa redonda que nos axudará a saber algo mais do seu día a día. O nosa sección do zodíaco celta faravos ver o futuro con mais claridade. Vos proporemos un xogo radiofónico que vos manterá enganchados durante as vindeiras entregas do programa. Finalizaremos cunha primicia. Unha entrevista moi moi interesante que lle realizamos ao noso alcalde e que a ninguén deixará indiferente.…
مرحبًا بك في مشغل أف ام!
يقوم برنامج مشغل أف أم بمسح الويب للحصول على بودكاست عالية الجودة لتستمتع بها الآن. إنه أفضل تطبيق بودكاست ويعمل على أجهزة اندرويد والأيفون والويب. قم بالتسجيل لمزامنة الاشتراكات عبر الأجهزة.