Sons de Nós Os Carecos 8 de novembro de 2024
MP3•منزل الحلقة
Manage episode 449069294 series 3495509
المحتوى المقدم من Radiofusión. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Radiofusión أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
Dos nosos convidados de hoxe pode dicirse que botaron os dentes no mundo da música tradicional porque levan nela dende pequenos aínda que como grupo nacen no ano 2014, tras coñecerse na Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas de Espasante, en Ortigueira. Naquel 2014 decidiron xuntarse porque se deron conta que cadraban ben, algo que non ten cambiado nestes dez anos de andaina. Nesta edición de Sons de Nós os protagonistas son Os Carecos, un grupo de pandereteiros de Ortigueira e Cariño, composto por Carlos Cheda, Samuel Ramos e Diego Chao. Samuel Ramos, acompañounos nesta conversa na que falamos do grupo, do seu recente paso polos estudio de gravación, que deu como resultado dous sinxelos, Palmira e Xota e Muiñeira das Cortellas e dunha iniciativa solidaria que levan facendo dende 2016, o “Serán Careco”. Os Carecos son tradición, pero sobre todo festa, porque ofrécennos un repertorio festeiro que convida a cantar e bailar; forman parte así destes grupos que contribúen a recuperar o baile e o canto que, de vello, se facía nas comunidades. Eles déronse conta de que “cadraban ben”, e esa sorte de epifanía vivida a tres voces deu lugar aos Carecos, cantareiros de tradición canónica, en repertorio e tradición, pero tamén con vocación de entrar en novos horizontes. Poñéndonos técnicos poderiamos dicirvos que “as polifonías e o traballo vocal sobresaen notoriamente, así como un dominio total das percusións de man, conformando unha formación impecable, elegante e orixinal dentro do seu estilo”. Sen tecnicismos diremos “abofé que cantan ben!!”.
…
continue reading
1186 حلقات