Player FM - Internet Radio Done Right
Checked 2d ago
تمت الإضافة منذ قبل four أعوام
المحتوى المقدم من Fóra de Mapa. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Fóra de Mapa أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
Player FM - تطبيق بودكاست
انتقل إلى وضع عدم الاتصال باستخدام تطبيق Player FM !
انتقل إلى وضع عدم الاتصال باستخدام تطبيق Player FM !
المدونة الصوتية تستحق الاستماع
برعاية
C
Clocking In with Haylee Gaffin - Podcast about Podcasting for Podcasters


1 180: Stop Winging It—Start Using Your Podcast Like an Evergreen Marketing Machine [Part 1] 22:07
22:07
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب22:07
What if your podcast wasn’t just content, but a powerful marketing tool? Today’s episode kicks off a brand series all about turning your podcast into an evergreen marketing machine. I’m sharing what I see podcasters doing wrong in their podcast strategy, plus the mindset shifts necessary to go from content creator to strategic marketer. This is part 1 of our series on Turning Your Podcast into an Evergreen Marketing Machine. Clocking In with Haylee Gaffin is produced by Gaffin Creative , a podcast production company for creative entrepreneurs. Learn more about our services at Gaffincreative.com , plus you’ll also find resources, show notes, and more for the Clocking In Podcast. Find it Quickly: Creating week to week with no plan (2:21) Not aligning your content with your goals (3:36) Not creating an intentional funnel (5:49) Aligning your podcast with your services and offers (8:30) Be strategic in your repurposing (9:13) Making your podcast live within your automations (10:43) Your podcast isn’t your product, it’s your sales tool (12:39) From content creator to strategic marketer (13:30) You don’t need more content, you need a smarter strategy (18:02) Mentioned In This Episode: The Podcast Growth Program: gaffincreative.com/growth Mic Check Society: gaffincreative.com/mcs Instagram: instagram.com/hayleegaffin Review the Transcript: https://share.descript.com/view/sylxz54avbW Hosted on Acast. See acast.com/privacy for more information.…
Fóra de Mapa
وسم كل الحلقات كغير/(كـ)مشغلة
Manage series 2942759
المحتوى المقدم من Fóra de Mapa. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Fóra de Mapa أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
…
continue reading
64 حلقات
وسم كل الحلقات كغير/(كـ)مشغلة
Manage series 2942759
المحتوى المقدم من Fóra de Mapa. يتم تحميل جميع محتويات البودكاست بما في ذلك الحلقات والرسومات وأوصاف البودكاست وتقديمها مباشرة بواسطة Fóra de Mapa أو شريك منصة البودكاست الخاص بهم. إذا كنت تعتقد أن شخصًا ما يستخدم عملك المحمي بحقوق الطبع والنشر دون إذنك، فيمكنك اتباع العملية الموضحة هنا https://ar.player.fm/legal.
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa
…
continue reading
64 حلقات
كل الحلقات
×
1 #Petisco lixeiro. Os xudeus de Belmonte 11:23
11:23
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب11:23
As comunidades xudías da península Ibérica foron aniquiladas despois das expulsións de finais do século XV, varios pogroms e a represión da Inquisición durante décadas pra esmagar calquera práctica cripto-xudaica. Porén, no interior de Portugal perviviu unha comunidade hebrea en segredo até hoxe: Os xudeus de Belmonte. Nesta vila da serra da Estrela ducias de familias practicaban a súa fe xudía na clandestinidade, desenvolvendo unhas prácticas propias co fin de gardar o seu gran segredo, seren a última comunidade hebrea practicante na península. Os xudeus de Belmonte só foron descubertos a comezos do século XX cando un enxeñeiro vindo de Europa Central, Samuel Schwartz entrou en contacto coa comunidade. Hoxe estes xudeus, e a vila de Belmonte comparten con orgullo esta historia de perseveranza.…
A relación de Groenlandia coa Unión Europea é ben especial. Entrou na predecesora desta organización internacional nos 70s contra a súa vontade canda Dinamarca, e nos 80s abandonou as Comunidades Europeas despois dun referéndum. A pesar disto, o país acordou con Bruxelas un status que lle permite participar en programas, recibir fondos e ficar dentro do espazo arancelario. Nos últimos anos, á vez que a relevancia de Groenlandia medra canda a dispoñibilidade dos seus recursos, a UE tenta aumentar a súa influencia na illa.…

1 #41. Groenlandia. Da colonización á posible independencia nun Ártico cada vez máis quente 40:16
40:16
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب40:16
Groenlandia está cada vez máis quente, literal e metaforicamente e isto abre unha chea de oportunidades e incógnitas pra poboación local. Durante o pasado milenio varios pobos do continente americano e europeo pasaron polo país, tentando adaptarse ás duras condicións do Ártico, mais só un puido sobrevivir e prosperar, o pobo inuit, unha etnia indíxena desas latitudes que a partir do século XVIII e até practicamente onte sufriu a agresión colonizadora do Reino de Dinamarca. Hoxe, gañada unha importante autonomía ó longo das últimas décadas, a gran maioría da poboación apoia a independencia da illa.…

1 #Petisco lixeiro. Os sefardís no Maghreb 14:29
14:29
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب14:29
O pobo sefardí ten a súa orixe na península ibérica, de onde fuxiron no final da idade media, e sobre todo a partir do 1492 pra asentarse por todo o Mediterráneo. Moitos destes sefardís simplemente cruzaron o estreito onde se asentaron en cidades como Tánxer, Tetuán ou Larache. Durante séculos prosperaron e foron reprimidos, e desenvolveron unha cultura de seu con elementos ibéricos, hebreos e máis magrebís, e mantiveron a lingua, a rama occidental do djudeo-espanyol, o haketía. No século XX, a gran maioría dos sefardís do Maghreb abandonaron a súa rexión pra migrar a Israel, Estados Unidos, España ou Venezuela. Hoxe, a comunidade esfórzase por conservar o seu patrimonio material e inmaterial, comezando pola súa fala.…

1 #40. Os sefardís. Sefarad espallada polos cinco continentes 49:41
49:41
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب49:41
Os sefardís son os xudeus procedentes da península Ibérica, que a finais do século XV foron desterrados ou obrigados a convertirse ó catolicismo. Durante séculos desenvolveron unha cultura de seu, diferente á dos xudeus de Europa oriental e Medio Oriente, misturando elementos hispánicos, hebreos e dos países onde se asentaron e mantiveron até hoxe a lingua djudeo-espanyola. Logo de instalarse nos Balkáns, no Maghreb e Medio Oriente prosperaron, sufriron represión e progromos, o holocausto e formaron parte da creación do estado de Israel e moitos hoxe retornan a Sefarad, a terra dos seus devanceiros.…

1 #Petisco lixeiro. Os gregos pónticos da URSS 21:47
21:47
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب21:47
Os gregos do mar Negro chegaron a territorio controlado por Moscova en diferentes vagas durante os séculos XVIII-XIX e XX debido a migracións económicas e provocadas por conflitos e limpezas étnicas en Anatolia. Coa chegada do comunismo a estas latitudes esta Hélade adaptouse a esenovo sistema político, formando unha nación máis da diversa poboación soviética. Durante 70 anos os gregos pónticos da URSS sufriron represión e deportacións, foron asimilándose á maioría rusa á vez que mantiñan en moitos casos unha identidade grega simbólica. Trala caída do comunismo moitos destes gregos da URSS voltaron á "nai patria" grega onde tiveron que reinventar a súa identidade.…

1 #39. Os gregos do Ponto. A Hélade no mar Negro que loita por salvagardar a súa identidade 40:18
40:18
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب40:18
Os gregos do Ponto son unha sub-etnia que forma parte da nación grega. Desde hai milenios desenvolveron unha lingua, cultura e identidade de seu que espallaron polas costas do mar Negro, e que aínda se mantén viva en Grecia onde a gran maioría dos gregos do Ponto foron reasentados logo do intercambio de poboación con Turquía no 1923. Aínda así, nos vales e montañas do Ponto existen varios miles de cidadáns turcos que usan a lingua grega póntica, ouromeyka, un idioma que durante milenios evolucionou de maneira diferente ao grego falado no territorio do estado actual.…

1 #Petisco lixeiro. O Territorio Libre de Trieste 15:47
15:47
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب15:47
As relacións entre Iugoslavia e máis Italia non foron especialmente óptimas durante a Guerra Fría. Ao rematar a Segunda Guerra Mundial os dous estados estiveron a piques de entrar en conflito militar para controlar a rexión de Trieste, un territorio cunha poboación mixta, con ducias de miles de eslovenos e italianos e un porto estratéxico. A solución temporal foi crear un estado novo baixo responsabilidade do Consello de Seguridade das Nacións Unidas: o Territorio Libre de Trieste, unha nova entidade independente que permitiu durante 7 anos manter unha tensa paz nese recuncho do Adriático.…

1 #38. Eslovenia. A ponte entre Europa central e os Balcáns. 1:16:19
1:16:19
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:16:19
Adentrámonos na súa historia, lingua e idiosincrasia. A pesar de que si está no mapa e de ser un estado independente, que leva 20 anos na Unión Europea, é un exemplo de país que, quitando as últimas décadas, sempre pertenceu a outro estado. E o feito de ser hoxe independente débese tanto a factores internos: ao xurdimento dun nacionalismo potente; como externos: á disolución de dous estados como o Imperio austrohúngaro e Iugoslavia. Durante séculos ou milenios Eslovenia non tiña as mellores cartas pra converterse nun estado independente, pero a finais do século XX foi quen de mudar a súa historia.…
As sociedades rurais da península balkánica eran especialmente patriarcais e iso facía que as mulleres os dereitos e liberdades das mulleres fosen ben reducidos. Non tiñan nin voz nin voto nas decisións da familia ou do clan nin herdar. Nos casos nos que nunha familia non había un home que exercese de cabeza de familia, unha muller non casada podía converterse socialmente nun home tras xurar manter a súa virxindade e celibato, cortar o pelo e vestir con roupas masculinas. Esta práctica foi esmorecendo durante o século XX e XXI, porén, nas montañas do norte de Albania aínda existen arredor dunhas 10 burrneshas, virxes xuramentadas que son recoñecidas socialmente como homes, e como tal gozan dos privilexios de seren as patriarcas das súas familias.…

1 #Petisco lixeiro. Os tártaros de Lipka 16:20
16:20
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب16:20
Durante a súa historia Lituania sempre foi unha terra cunha ampla diversidade e os tártaros de Lipka foron e son seguramente dos pobos máis exóticos que conformaban a sociedade do país. Despois de séculos habitando as chairas hoxe compartidas entre Polonia, Bielorrusia e máis Lituania, os tártaros de Lipka están ben integrados en cadansúa sociedade, mantendo cultura, tradicións e relixión, e sendo vistos como unha minoría leal e exemplar, que ao longo da historia de Polonia e Lituania sempre participou nas loitas pola soberanía e independencia destas.…
Nos vales alpinos entre Francia e Italia vive unha pequena comunidade relixiosa cristiá que durante séculos sufriu a represión de monarcas e papas: os valdenses. Esta comunidade, xurdida no século XII non comunga con varios dos dogmas do Vaticano como o sacerdocio ministerial ou a existencia do purgatorio, polo que foi declarada herética e perseguida. A pesar de varias campañas de exterminio contra eles lograron subsistir e manter a súa fe até hoxe.…
No verán de 1989 Bulgaria expulsou a Turquía a centos de miles de turcos búlgaros. Unha auténtica limpeza étnica que pasou bastante desapercibida nos medios internacionais e no mundo académico. A Gran Excursión foi unha consumación da política ultranacionalista do estado socialista búlgaro que pretendía a formación dunha identidade nacional homoxénea fundamentada na cultura e lingua búlgaras e no socialismo e a asimilación das minorías musulmás (turcos, pómaks, tártaros e xitanos).…

1 #Petisco lixeiro. Os croatas de Molise 13:45
13:45
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب13:45
Molise existe e alí conviven 3 diferentes comunidades lingüísticas. Unha delas, a croata é a máis pequena das recoñecidas en Italia e probablemente a máis exótica. A comunidade dos croatas de Molise está formada por arredor de 1000 persoas, que se concentran en 3 vilas da rexión. Chegados á zona no século XVI, foi "redescuberta" no século XIX. Hoxe, o seu idioma esmorece a pesar da protección e recoñecemento aprobados lexislación rexional e nacional.…
En Grecia hai unha península na que nin as mulleres, nin os animais femia poden entrar, é o monte Athos, un dos lugares máis sagrados pra comunidade ortodoxa. Este territorio leva sendo autónomo desde hai un milenio desenvolvendo un autogoberno, institucións e normas propias pese as idas e vindas políticas en Constantinopla ou Atenas. Hoxe o monte Athos é unha Mancomunidade Monástica Autónoma, cunha independencia case completa de Atenas.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. O intercambio de poboación Grecia - Turquía 19:03
19:03
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب19:03
En 1923 Grecia e Turquía acordaban un intercambio das poboacións musulmá e ortodoxa co fin de acabar cos conflitos entre os dous estados. Esta decisión vai supor unha traxedia pra case 2 millóns de persoas e afectar ás sociedades enteiras de Grecia e Turquía e redefinir as identidades de cadanseu país. Os seus efectos políticos e sociais aínda teñen consecuencias hoxe.…
F
Fóra de Mapa

A República Autónoma de Nakhicheván é un exclave acerbaixano entalado entre Armenia e Irán, porén conta cun paso fronteirizo co maior socio comercial, político e militar de Acerbaixán: Turquía. Isto fai que Nakhicheván sexa un territorio clave para comprendermos a inestabilidade no Cáucaso, e un potencial elo esencial nos corredores de transporte entre Asia Central, o Mediterráneo e Europa.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. Llívia e a guerra dos stops 6:40
6:40
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب6:40
A vila catalá de Llívia é unha pequena "anomalía" xeográfica, desde o 1659 está completamente rodeada de territorio francés debido a razóns semánticas. Nos anos 70 e 80 a vila foi o centro dunha crise diplomática entre Francia e España por uns stops na estrada que conectaba a vila co territorio catalán.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. O lado escuro de Suecia 12:54
12:54
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب12:54
Suecia é hoxe un estado referente por moitas razóns ben xustificadas, porén, até non hai moito executou unhas políticas racistas, euxenésicas e de colonización interior contra a súa poboación sámi e tornedaliana propias de reximes totalitarios. No podcast tratamos destas políticas e de como o estado sueco leva anos tentando reparar o mal feito até só hai unhas décadas.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. O Bijbelgordel, un cinto bíblico nun dos países menos relixiosos de Europa 9:50
9:50
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب9:50
Os Países Baixos é un dos estados menos relixiosos de Europa, porén nunha franxa de territorio entre a costa de Zeelandia e a fronteira con Alemaña hai unha serie de concellos cunha importante poboación protestante especialmente relixiosa e tradicional. É o que lle chaman Bjibelgordel, un cinto bíblico onde vacinarse, traballar en domingos ou levar minisaia non está moi ben visto.…
F
Fóra de Mapa

1 #Episodio Especial. Galicia na Sociedade das Nacións, fito ou mito? 42:34
42:34
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب42:34
O nacionalismo galego busca desde hai décadas o recoñecemento internacional de Galicia como nación por parte doutros actores internacionais. Un dos primeiros éxitos foi no 1933, a representación do país na IX xuntanza do Congreso das Nacionalidades Europeas, unha organización non gubernamental internacional que representaba as diferentes nacións sen estado e minorías relixiosas e étnicas de Europa. O profesor Núñez Seixas explicounos a relevancia deste episodio pro nacionalismo galego e a importancia que esta organización tivo na política relativa ás minorías do período de entre guerras.…
F
Fóra de Mapa

1 #37. O mirandés. A variante do asturleonés oficial en Portugal, seica. 1:05:05
1:05:05
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:05:05
O mirandés é a forma local do asturleonés no territorio de Miranda do Douro, en Portugal. Hoxe en día está en grave de risco de desaparición, aínda que nos últimos anos o estado portugués aprobase medidas para protexelo, medidas que non sempre son executadas. Pola contra, o asturleonés goza de máis vitalidade en Asturias, onde hai unha campaña potente pra reclamar a oficialidade, mentres que nos territorios de León e Zamora de fala asturleonesa a lingua esmorece sen apenas protección.…
F
Fóra de Mapa

1 #36. Occitania. 1000 anos resistindo a hexemonía de París 1:03:36
1:03:36
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:03:36
Occitania é un territorio extenso no que se fala occitano e que abrangue varias rexións e catro países (Francia, Italia, Catalunya e Mónaco). Falamos neste episodio das diferentes identidades que coexisten no territorio xurdidas entorno a esta lingua. E falamos de identidades, en plural, porque ao ser o occitano falado nun territorio tan extenso existen polo tanto varias formas de sentirse parte da comunidade que fala occitano. E tamén existen importantes variacións lingüísticas entre os diferentes dialectos do occitano.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. O mesías que non foi 13:31
13:31
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب13:31
Durante a milenaria historia da relixión xudía houbo varios individuos que se proclamaron mesías, seguramente o máis famoso foi Sabbatai Zevi, un xudeu sefardí de Esmirna que provocou un auténtico cisma nas comunidades xudías de media Europa e Oriente Medio. O Sabbatai non acabou ben de todo, porén, unha parte pequena dos seus seguidores continuou a louvalo como novo mesías até hoxe, estes forman unha pequena minoría relixiosa presente en Turquía: os Donmëh.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. A cuestión lingüística grega 14:32
14:32
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب14:32
A lingua grega lévase falando no territorio da Grecia actual desde hai milenios, porén o idioma evolucionou e foi cambiando debido ás influenzas dos pobos que pasaron polo país. Coa independencia de Grecia, o debate sobre que forma de grego usar causou un cisma nacional que chegou a provocar disturbios e pelexas con mortos entre os que defendían unha forma popular do grego e outra máis próxima ao grego empregado na Grecia clásica.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. O conflito de Adjara 11:06
11:06
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب11:06
Adjara é unha rexión autónoma de Xeorxia. Nela viven vario pobos, fundamentalmente adjaros que son unha sub-etnia xeorxiana que profesa a fe islámica. Como consecuencia, no período soviético foi un territorio autónomo e despois da independencia xeorxiana do 1991 mantivo ese autogoberno e mesmo estivo a piques de converterse no terceiro territorio separatista de Xeorxia no 2004.…
F
Fóra de Mapa

1 #Petisco lixeiro. Unha ‘guerra esquecida’ na Europa actual 13:50
13:50
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب13:50
En Europa hoxe hai algúns conflitos bélicos activos, outros están conxelados pero hai un que oficialmente aínda enfronta a dous estados do continente: Grecia e Albania. Conforme a lexislación grega aínda está en vigor un estado de guerra co seu veciño setentrional. Isto débese as consecuencias dunha traxedia vivida por unha sub-etnia albanesa: os cham.…
F
Fóra de Mapa

1 #35. Microestados lonxevos: Couto Mixto, Cospaia, Poljica e Sark 1:10:19
1:10:19
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:10:19
Ao longo da historia houbo unha chea de microestados en Europa pero a maioría deles duraron ben pouco e xurdiron como consecuencia de guerras ou revolucións. Porén, existen casos de microestados que tiveron unha vida bastante longa, entre eles un que é ben próximo a nós: o Couto Mixto, situado na raia seca.…
F
Fóra de Mapa

1 #34. Chipre. Séculos de convivencia e 49 anos de división 1:39:27
1:39:27
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:39:27
A illa de Chipre está nun punto estratéxico do Mediterráneo e isto facilitou que nela se asentasen múltiples pobos: armenios, venecianos, británicos... Hoxe, as dúas comunidades principais da illa, grecochipriotas e turcochipriotas, viven divididas desde hai case cinco décadas. Porén, a pesar do conflito sen resolver e o fracaso das negociacións pra reunificar a illa, existen accións e iniciativas pra reconciliar as dúas comunidades e dar solución a un problema xurdido en plena guerra fría.…
F
Fóra de Mapa

1 #33. Baviera. Alén dos estereotipos das salchichas e o oktoberfest 1:12:47
1:12:47
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:12:47
Baviera é un dos 16 länder da República Federal de Alemaña, ten unha identidade forte e diferenciada, un autogoberno potente e mesmo un movemento independentista con certa relevancia. Estas características baseanse nunha historia na que Baviera tivo un rol moi importante na política de Europa central como actor autónomo.…
F
Fóra de Mapa

1 #32. Gales. Entre a adaptación e o inconformismo 1:22:00
1:22:00
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:22:00
A identidade de Gales é complexa como a súa historia, chea de loitas por manter a súa autonomía pero tamén de períodos nos que o pobo se adaptou ao dominio foráneo. Hoxe a identidade galesa está ben viva, pero iso non quere dicir que a súa lingua goce da mellor saúde ou que o seu autogoberno sexa sempre respectado por Londres.…
F
Fóra de Mapa

1 #31. Ucraína (III). Desde o final da Segunda Guerra Mundial até a actualidade 1:29:13
1:29:13
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:29:13
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta terceira parte falamos dos convulsos últimos 70 anos, nos que a nación ucraína logrou a súa independencia, sufriu anos de crise económica, corrupción, inestabilidade política e inxerencia rusa.…
F
Fóra de Mapa

1 #30. Ucraína (II). Desde comezos do século XIX até o final da Segunda Guerra Mundial 1:23:27
1:23:27
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:23:27
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta segunda entrega centrámonos nos tráxicos 200 anos que van desde a conquista rusa de case todo o territorio ucraíno até a IIGM. E, como a pesar da represión, división e guerras, a nación ucraína foi capaz de continuar a loitar pola súa liberdade e independencia.…
F
Fóra de Mapa

1 #29. Ucraína (I). Do Rus de Kíiv ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca 1:16:15
1:16:15
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:16:15
A nación ucraína, como calquera outro pobo, ten unha historia, lingua, cultura e literatura de seu, ademais dunha chea de dramas e traxedias como a actualidade nos está a amosar. A través de tres episodios adentrarémonos en Ucraína para entender a súa historia desde o Rus de Kíiv ata a actualidade. Nesta primeira entrega comenzaremos no Rus de Kíiv para chegar ata finais do século XVIII coa conquista rusa e austríaca.…
F
Fóra de Mapa

1 #28. O aragonés. Lingua de montañeses, poetas e reis 1:03:40
1:03:40
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:03:40
O aragonés é hoxe un idioma en perigo, falado nos vales pirenaicos da comunidade autónoma de Aragón pero conta cunha limitada protección legal. Porén, hai séculos era o idioma de reis e trobadores. Neste idioma fixéronse tratados e cancioneiros pero coa chegada da dinastía Trastámara comezou a esmorecer. Hoxe existen unha chea de iniciativas cidadás para salvagardar o idioma e divulgalo, a pesar do escaso apoio gobernamental.…
F
Fóra de Mapa

1 #27. O Rif. A rexión indómita do Maghreb 39:35
39:35
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب39:35
O Rif é unha rexión maghrebi historicamente marxinada. A difícil orografía e posición xeográfica dificultou a comunicación con territorios veciños e máis o seu desenvolvemento. Pero isto tamén facilitou o xurdimento dunha identidade local na que a lingua e cultura amazigh e a historia recente chea de rebelións e protestas xogan un rol fundamental.…
F
Fóra de Mapa

1 #26. O romanche. A máis descoñecida das catro linguas oficiais de Suíza 1:16:49
1:16:49
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:16:49
O romanche é un idioma bastante pequeniño (é falado por un 0,5% da poboación suíza), algo descoñecido e limitado a áreas periféricas. Aínda así, é a cuarta lingua oficial de Suíza xunto co alemán, o francés e o italiano. Neste episodio repasamos a situación da lingua e a historia de Suíza pero centrámonos no Cantón dos Grisons, o cantón máis grande de Suíza e onde o romache é a lingua propia (falada por un 15% dos habitantes do cantón) e tamén oficial canda o alemán e o italiano.…
F
Fóra de Mapa

1 #25. Flandres. Unha nación sen estado pero cunha case completa autonomía 1:46:57
1:46:57
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:46:57
Flandres é unha nación sen estado, pero que foi capaz de defender durante toda a súa historia a súa autonomía, lingua e identidade. Hoxe Flandres e os flamencos gozan dunha importante autonomía e a lingua flamenca está completamente normalizada en Flandres, pero non sempre foi así. Durante séculos Flandres foi o territorio máis pobre e menos dinámico de Bélxica e a súa lingua vista como un dialecto de labregos. No episodio contámosvos como o pobo flamenco foi capaz tras séculos de loita, negociacións e protestas lograr un nivel envexable de autogoberno.…
F
Fóra de Mapa

1 #24.2. O irlandés (II). Entrevista con Lucía Atencia e Andreas Vogel, residentes no Gaeltacht de Connemara 42:57
42:57
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب42:57
Episodio extra, continuación do anterior no que falamos do irlandés. Nesta ocasión falamos con Lucía Atencia, unha galega afincada en Irlanda, profesora de primaria que imparte en irlandés e que ademais foi correctora da versión galega de A boca pobre, o libro de Flann O'Brien. E ademais, como xa bonus track, tivemos a posibilidade de falar coa súa parella, Andreas Vogel, un alemán que fala tamén irlandés e que traballa como técnico de normalización lingüística do irlandés e que como escoitaredes, fala galego moi ben. Os dous residen no Ghaeltacht de Connemara.…
F
Fóra de Mapa

1 #24. O irlandés. Un idioma con estado propio que resiste a pesar da hexemonía do inglés 1:04:14
1:04:14
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:04:14
O irlandés é o idioma nacional e oficial na República de Irlanda e está protexido en Irlanda do Norte. A pesar de que é un idioma con estado de seu e de que foi quen de sobrevivir nos últimos séculos, segue en risco de morte. Neste episodio falamos de como o irlandés pasou de ser o idioma principal da illa a ser só falado por pouco máis dun 1% da poboación. Ademais tamén tratamos o impacto negativo das políticas lingüísticas de baixa intensidade en situacións de asimetría entre 2 idiomas e o rol que os neofalantes poden chegar a ter pra salvar a lingua irlandesa.…
F
Fóra de Mapa

1 #23. Os bosníacos. Un pobo con estado de seu pero xurdido hai só unhas décadas 1:37:37
1:37:37
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:37:37
Os bosníacos son unha das tres nacións constitutivas de Bosnia e Hercegovina e o pobo máis numeroso do estado representando case o 50% da cidadanía. Aínda que esta identidade ten séculos de historia, oficialmente só xurde como tal nos anos 70. A nivel lingüístico e, en parte cultural, non se diferencian casi dos seus veciños serbios e croatas pero a súa identidade diferenciada fundamentase nunha serie de tradicións, costumes e experiencias históricas ligadas á súa relixión musulmana.…
F
Fóra de Mapa

1 #22. Schleswig-Holstein. Un territorio europeo de fronteira entre Alemaña e Dinamarca 1:02:00
1:02:00
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:02:00
Schleswig-Holstein é un territorio de fronteira cunha historia complexa e marcada polas reviravoltas dinásticas. Hoxe este territorio é parte fundamentalmente da República Federal Alemana, aínda que un anaco ficou dentro das fronteiras danesas. E en cadanseu lado desta, viven diversas minorías como a frisia, a alemana e a danesas, minorías que grazas á lexislación aplicada tanto por Dinamarca como por Alemaña aínda sobreviven con certa vitalidade e teñen representatividade a nivel político.…
F
Fóra de Mapa

1 #21. Moldavia. Un estado feble debido aos seus conflitos étnicos (Gagauzia e Transnistria) 1:12:58
1:12:58
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:12:58
A República de Moldavia é un país cunha identidade complexa debido á súa diversidade étnica e a súa especial relación con Rumanía. Ademais é un estado feble por dous conflitos étnicos, o de Gagauzia -que parece estar solucionado polo momento- e o de Transnistria, que durante os últimos 30 anos teñen afectado o desenvolvemento económico e político de Moldavia.…
F
Fóra de Mapa

1 #20. Nagorno Karabakh. Unha terra que enfronta dende hai décadas a armenios e azerís 1:58:31
1:58:31
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:58:31
Nagorno Karabakh é unha rexión caucásica cunha gran relevancia histórica para o pobo armenio. Este foi o maioritario por séculos mais nel tamén vivían miles de azerís. Os dous pobos levan máis de 100 anos en disputa por esta rexión, mais desde a desaparición da URSS tanto Armenia como Azerbaijan combaten para dominar un territorio pouco máis grande que a comarca de Pontevedra, pero esencial pra comprender o presente destas dúas nacións.…
F
Fóra de Mapa

1 #19. Os corsos. Un pobo afeito a loitar pola súa identidade 1:12:53
1:12:53
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب1:12:53
A peculiar illa de Córsega ten unha historia con mil reviravoltas e cuxa poboación tenta manter a súa cultura, identidade e lingua a pesar das políticas uniformizadoras da república francesa. Córsega ten unha identidade moi forte e mesmo os partidos nacionalistas corsos e separatistas levan anos a gobernar a illa. A lingua corsa, a pesar de non ser oficial, como é norma en Francia, goza de bastante vitalidade. Un famoso persoeiro da historia de Francia -e de Europa- naceu alí: Napoleón Bonaparte.…
F
Fóra de Mapa

1 #4. Os frisios. Un pobo nado entre dunas e marismas que resiste forte o paso do tempo 31:24
31:24
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب31:24
Os frisios son unha minoría lingüística espallada pola costa dos Países Baixos e Alemaña. A pesar de que o seu territorio e falantes minguaron durante os últimos séculos, os frisios manteñen con orgullo un forte apego ao seu idioma e identidade, en especial na provincia neerlandesa de Fryslân.
F
Fóra de Mapa

1 #3. Os rutenos. Un pobo dos Cárpatos rexurdido e resiliente 37:34
37:34
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب37:34
Os rusyn ou rutenos viven na cordilleira dos Cárpatos divididos en diferentes estados. Ao longo da súa historia sufriron o drama da emigración, a limpeza étnica e a asimilación forzada, mais neste momento esta etnia está a vivir un rexurdimento cultural e identitario.
Neste primeiro capítulo falamos dos arrumanos, ou tamén chamados vlachs, un dos pobos sen estado máis grandes da península balcánica e que na actualidade atópanse espallados por Albania, Macedonia do Norte, Bulgaria, Grecia e Serbia. Repasamos a súa historia, os seus costumes, lingua e cultura.
F
Fóra de Mapa

1 #2. Os arbëreshë. Os primos italianos dos albaneses 24:09
24:09
التشغيل لاحقا
التشغيل لاحقا
قوائم
إعجاب
احب24:09
A minoría albanesa de Italia ou arbëreshë é unha das minorías étnicas e lingüísticas máis importantes do país. Os arbëreshë son a redor de 200.000 espallados nunha morea de aldeas e vilas no sur de Italia. A comunidade goza dunha importante vitalidade.
مرحبًا بك في مشغل أف ام!
يقوم برنامج مشغل أف أم بمسح الويب للحصول على بودكاست عالية الجودة لتستمتع بها الآن. إنه أفضل تطبيق بودكاست ويعمل على أجهزة اندرويد والأيفون والويب. قم بالتسجيل لمزامنة الاشتراكات عبر الأجهزة.