Cafe Derby 21 عمومي
[search 0]
أكثر
تنزيل التطبيق!
show episodes
 
Artwork

1
Café Derby 21

Café Derby 21

Unsubscribe
Unsubscribe
شهريا+
 
Unha sobremesa cultural e lixeira onde todo cabe. Con Nicolás Carreira, Carme Domínguez, Adrián Lede e un invitado ou invitada cada semana. · Podes atoparnos en Vinte na Praza e no noso perfil de Twitter e Instagram: @cafederby21 ✌️
  continue reading
 
Loading …
show series
 
ÚLTIMA HORA: Galicia vai a eleccións o #18F. Aínda non sabías nada disto? Quizais eras a última persoa do país. En calquera caso, un evento tan relevante para o futuro e a cultura tiña que ter o seu oco no Café Derby 21, pero desde o noso propio terreo. Por iso, contamos co xornalista, comunicador político e director de Ou Ké!, Iván Iglesias para p…
  continue reading
 
Aínda que somos persoas que apostan por dialogar e falar de calquera tema con calquera convidado, ás veces é preciso contar con expertos na materia que senten cátedra e falen con coñecemento pleno. Por iso, para animar o comezo do ano, dedicamos o programa ao 🤙BO ROLLO🤙 e parolamos con Samuel e Matías, de The Rapants, que presentan o seu próximo di…
  continue reading
 
Aínda que parecía non chegar, aquí está: EPISODIO NÚMERO 100 DE CAFÉ DERBY 21. Celebramos o noso centenario (esta foi a grabación número 100) dun xeito simbólico e que nos leva de novo á nosa orixe. Efectivamente, volvemos ao online pero por un bo motivo, a nosa convidada vive en Italia. E con ela tamén logramos un fito: a primeira persoa do Deport…
  continue reading
 
No primeiro episodio de 2024 queremos recoller as emocións e vivencias das últimas semanas de tolemia festiva. Achegámonos ata un dos nosos lugares de calma, o Café Universal, na Coruña, para parolar sobre algo esencial e moi presente nestes días: 🏠 O FOGAR 🏠. Para abordar semexante tema, contamos cun dos escritores galegos máis celebrados en 2023 …
  continue reading
 
Pechamos este ano 2023 cun episodio moi especial para nós porque é a celebración dun aniversario único na cultura galega. Achegámonos ata Santiago de Compostela para parolar con Dios Ke Te Crew, en concreto con Sokram porque se nos xuntamos todos poderíamos xogar ao fútbol sala, banda fundamental na escena do rap en Galicia e en galego. Logo dunha …
  continue reading
 
Neste aínda 2023 non podía faltar un programa* cunha das revelacións da temporada e un talento único, froito do encontro entre Galicia e Euskal Herria. Atopámonos coa cineasta Jaione Camborda en Santiago de Compostela, no clásico Pub Momo da capital galega, e, antes que nada, brindamos pola súa Concha de Oro no Festival de San Sebastián grazas a O …
  continue reading
 
Sección Intersección (02:19) Café Derby 21 con David Fidaldo (14:45) Para este programa tivemos o pracer de formar parte do festival Intersección, o festival de cine internacional da Coruña. Nesta ocasión, o noso convidado é o cineasta, animador e artista visual David Fidalgo, que está tendo unha feliz temporada de festivais e premios con 'Sandwich…
  continue reading
 
Achegámonos de novo ata Santiago de Compostela, aínda que só dúas partes das tres que compoñen o Café Derby 21 chegaron ata a estación de tren. Quen falta e por que? No programa resólvese o misterio. Quen non faltou foi o noso convidado, alguén a quen tiñamos moita gana de escoitar e que parolase con nós: MONDRA. Un dos fenómenos musicais deste ano…
  continue reading
 
OLA!!!!! Boas, como andamos? Café Derby 21 volve para unha 4ª temporada, era inevitable. Logo dunhas vacacións merecidas e semanas invisibles de traballo, rachamos o noso silencio para facer o mellor comeback posible: REVISITARNOS A NÓS MESMXS. Por iso, no primeiro programa desta nova temporada falamos de ⌛ PASAR O TEMPO ⌛ coa nosa madriña, a nosa …
  continue reading
 
Para acurtar a espera ata que volvamos de vacacións de verán, lanzamos este programa especial feito en directo desde o FICBUEU cos cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección GZ_00 coas súas curtas O Neno Sardiña e O Coidado. En compañía, falamos sobre unha cuestión que atravesaba todos os traballos seleccionados como repres…
  continue reading
 
Os tempos son chegados e como avisamos semanas atrás, a terceira temporada do Café Derby 21 chega ao seu fin. Como non podía ser doutro xeito epara estar á altura dun ano tan tolo como 2023, deixamos un programa histórico para a memoria e como peche perfecto a tantas semanas mantendo o nivel. Por iso, desprazámonos ata o Parlamento de Galicia para …
  continue reading
 
Esta semana estreamos o penúltimo programa da tempada e achegámonos ata Santiago de Compostela, con vistas á Cidade da Cultura desde a terraza do Balcón das Brañas. Rompemos o noso día a día para falar, precisamente, sobre 🗓️A RUTINA🗓️ coa amiga do programa e creadora de contido: Sara Seco. Repescamos o acontecido no Petiscos no Derby, dispoñible e…
  continue reading
 
Neste programa celebramos o Día das Letras Galegas dun xeito especial ou, mellor dito, en compañía dalguén especial, unha icona pop e poeta das que figuran nos temarios de bacharelato e oposicións: Yolanda Castaño. Tomando como inspiración os anos de silencio editorial e distancia entre poemarios na súa obra, e grazas ao feito de que é veciña de Ni…
  continue reading
 
Esta semana achegámonos ata Vilalba, capital da chairega por excelencia, para gravar o Café Derby 21 como parte da programación do Festival Independente de Vilalba, o FIV, que para nós xa é un espazo querido. Alí, xunto ao afortunado público que gañou as entradas por sorteo, conversamos con Carlangas (alias Carlos Pereiro, ou viceversa), que vén de…
  continue reading
 
Esta semana sentamos arredor dunha mesa no Café Universal, na Coruña, para abrirnos en canle e compartir algunas das nosas historias persoais ao tempo que unimos as experiencias con referentes que adoramos. Por suposto, este programa tiña que chegar. Falamos sobre os SENTIMENTOS co laureado poeta e amigo do programa, Ismael Ramos, poñendo o corpo p…
  continue reading
 
Para o programa desta semana fixemos unha viaxe dobre: ata a costa, pola zona de Arousa, e ao noso interior, preto do corazón e a alma. Así é como nos sentimos logo de ver o filme Matria, que está arrasando en cinemas e non podía faltar nesta temporada do Café Derby 21. Un dos fitos culturais deste 2023. Para achegarnos ao que significa 💪A MATRIA💪 …
  continue reading
 
Este programa é especial, único na súa especie! Collemos o coche a arrincamos en ruta pola provincia da Coruña para facer o que máis nos gusta: comer e falar. Para esta reportaxe sonora e dialogada, sentamos no Coffee Mori co crítico gastrónomico, escritor e historiador da arte, Jorge Guitián, para parolar arredor do concepto da 🍴SOBREMESA🍴 e gastr…
  continue reading
 
Recuperamos a presencialidade logo de dous programas nos que volvemos ás nosas orixes e para celebrar a nosa xuntanza de novo, aproveitamos para falar dese tema que nos une a todxs e que foi semente deste podcast: 💝A AMIZADE💝. E para tratar este tema tivemos que tirar de axenda e rescatar a unha convidada e amiga do programa que repetiu, aínda que …
  continue reading
 
Rematamos o noso retorno ao telemático traendo boas novas e prometendo grandes anuncios proximamente (moi proximamente), pero ademais coa resaca dun Entroido moi necesario para todos que nos inspirou fondamente para este programa. Porque o Entroido ten os mesmos elementos que unha boa diva: espectáculo, estética e música de calidade. Para falar, pr…
  continue reading
 
Esta semana chegamos cun lixeiro retraso, pero todo queda xustificado polas moitas noticias que están por vir nas vindeiras semanas. Como a nosa mesa de son aínda está no taller, tivemos que volver momentáneamente (e para o noso pesar) ao telematico. Para aliviar este feito, contamos cunha persoa que rachou a cuarta parede experto niso de comunicar…
  continue reading
 
Esta semana achegámonos ata Santiago de Compostela para falar co actor Diego Anido, candidato ao premio Goya por As Bestas e rostro fundamental da interpretación en Galicia, no Coffee Mori. O tema da conversa xira arredor, precisamente, das 👹BESTAS👹, da “bestalidade“, da brutalidade, da ira e o enfado, de todo aquilo que nos convirte en bestas. Por…
  continue reading
 
Xa que cada persoa ten a capacidade de imaxinar e crear novos espazos, criaturas e relatos, podemos dicir que a Fantasía é un elemento común do ser humano. A Fantasía pode ser una mentira preciosa, ben vestida, ou unha historieta para entreterte, pode ser unha narración coidada e longa sobre un reino máxico afastado ou un relato actual sobre os soñ…
  continue reading
 
Esta semana puxémonos en modo fogar e non marchamos a ningún directo, senón que recibimos na casa a dúas convidadas coas que tiñamos moitas ganas de parolar. Foi complexo decidir cal concepto foi no que afondamos ao longo da conversa deste programa porque, de certo, abríronse varias frontes de distinto tipo. Para poñer remedio a isto, cremos que do…
  continue reading
 
Hai poucas cousas que todas as persoas teñan en común, pero as ganas de pasalo ben e gozar dunha boa troula é unha delas. Unha troula hipotética, diferente a cada gusto, pero que signifique divertirse e liberarse a un mesmo tempo. Neste programa parolamos co xornalista e escritor Fran P. Lorenzo, que presenta o seu novo libro A Festa Equivocada, un…
  continue reading
 
Pantasmas, zombies, regresados, vampiros, meigas, demos, dragóns... Vivimos rodeados de narrativas sobrenaturais e moitas veces non nos damos nin de conta. Moitas festas, como o Entroido, teñen a súa base nesas experiencias místicas relacionadas co paranormal ou con criaturas que nada se lle achegan á evolución científica. Pese a iso, a xente posúe…
  continue reading
 
Os tempos son chegados e, como eles, nós tamén chegamos ata Lugo, finalmente! Viaxanos ata a cidade amurallada para conversar coa artista e autora gráfica Alicia Pena, lucense afincada en Suecia que vén de publicar o seu debut «Gallina Clueca», na Libraría Trama. Con motivo da estrea literaria desta historia sobre a maternidade, os procesos reprodu…
  continue reading
 
Neste programa achegámonos ata o festival Curtocircuíto en Santiago de Compostela para palorar e reflexionar sobre a liberdade coas cineastas Clara Roquet e Carla Andrade, xurado e participante na sección Planeta GZ respectivamente. Experimentamos un pouco co formato debido a unha cuestión técnica, pero a esencia prevalece. Para falar de liberdade …
  continue reading
 
😈Estamos de volta😈 Logo dun fin de temporada inesperado, queremos retomar o fío que alí tendemos. As persoas privilexiadas puideron escoitar o noso programa adicado á amizade, por iso agora queremos facer o oposto. Abrimos a terceira tanda de Café Derby 21 parolando en directo no Café Universal da Coruña sobre: 🔥A INIMIZADE🔥 Para iso contamos con p…
  continue reading
 
Nesta nova onda de atender á tradición pódese caer no risco de esquecer a historia máis aló do estético e do artístico. Sen o trasfondo humano de quen crea non hai renovación posible. Por iso esta semana achegámonos ao oficio tradicional das colareiras dun xeito especial. En riguroso directo desde o auditorio do Grove e como parte do festival Mulle…
  continue reading
 
En cantas casas fixeche vida? Digamos, cantas habitache? Transformáronse en fogares? Foron espazos de dor e trauma ou de felicidade? As casas, como concepto, son un conxunto de valores e significados no que conviven as familias, os medos, os caseiros e os demos no corredor a escuras. Sobre a importancia dos fogares e lugares vitais parolamos coa po…
  continue reading
 
As fantasías son sinónimos dos soños, do que resulta difícil ou imposible de cumplir por diferentes motivos. Pertencen, por tanto, ao universo da imaxinación e do mitolóxico. Dan resposta a preguntas e necesidades internas e inherentes ao ser humano. Aínda que hai outro tipo de fantasía, unha máis de cotío, que se representa sobre escenarios e que …
  continue reading
 
Din que a vida poder mudar nun só segundo, que toma iso e menos para que todo vaia a mellor ou peor. Nos tempos actuais de atención limitada os segundos costan como o ouro e canto máis se acumulan, máis valor collen. Son moitos os formatos no que o tempo toma parte: da eternidade dun cadro aos 15 segundos dun TikTok. Pero na adaptación está o secre…
  continue reading
 
Case poderíase afirmar que hai algo común a todas as persoas: o gusto polo bo comer. E do mesmo xeito afirmaríase que nalgún momento todo ser humano se cruzou cun documental ou programa de viaxes que amosaba outra cara dun lugar, outros monumentos para visitar. E no punto medio de ambas cuestións atópanse eses formatos que combinan ambas realidades…
  continue reading
 
Hai episodios da Historia que deliberadamente permanecen agochados baixo as grandes narrativas que vertebran o pasado de persoas, países e sociedades. Unha data fundamenta nos libros desa materia na escola é 1492, fin de ciclo e apertura a un Novo Mundo para o Vello Continente. Pero tanto antes como despois de chegar a América, houbo probas, ensaio…
  continue reading
 
Que agocha o sorriso de Mona Lisa? Non temos nin idea, aínda que si sabemos o moito que a arte pode intrigar e espertar no seu público. Todo isto pese a que en ocasións carecemos de ferramentas ou coñecementos para comprender a simboloxía ou trascendencia dunha obra. Se temos sorte e tempo, pode ser que na sala do museo no que nos atopemos alguén s…
  continue reading
 
Hai cousas que sintes ou pensas pero que non comentas en alto para non quedar como ególatra, pero unha das máis raras e que todas as persoas (aínda que o neguen) matinaron é se nos están gravando, se ese oco na parede é unha cámara. Se esta vida, este momento, é entretemento para outra xente, quizais marcianos, que nos observan como un espectácul, …
  continue reading
 
Vvivimos toda vida acompañadxs por un gran descoñecido. Vai con nós a todas partes, pasando desapercibido, sen que salten as nosas alarmas. Está, de feito, dentro de nós e non no sentido espiritual. Falamos do cerebro, esa máquina perfecta que segur sendo un misterio. Esta semana a divulgadora científica Tamara Pazos (coñecida como Putament_) acheg…
  continue reading
 
O amor aparece, como din aquelas que o teñen, nos lugares máis inesperados. Nos filmes así o amosan, dá igual que agardes por el ou non. O amor chegará onde e cando menos penses que está. Pode que apareza, inclusive, no autobús urbano liña 15 de Santiago de Compostela, o bus das universidades. Con iso fantaseaba Belén Puime, creadora da serie Pring…
  continue reading
 
Que ler é un pracer (a quen lle guste), xa o sabíamos. É un pracer que enriquece, do que te levas algo. Xeralmente en todos os días placeres te levas algo: o gozo. Hai que reivindicar tamén esa literatura que non quere ser intelectual, que quere divertirse e facer de ti alguén máis entretido. Parolamos xunto ao xornalista e escritor Carlos Meixide …
  continue reading
 
Vivimos no tempo da información e do acceso a ela, de ter o coñecemento na man practicamente. Pero esta hiperconexión tamén influé no espallamento de teorías que lles din «alternativas». O que os de fóra chamamos: negacionismo. Nas últimas semanas houbo incluso quen negou que os mares e océanos sexan reais. Son, según eles, bloques para manter á xe…
  continue reading
 
Pensamos moitas veces cando vemos entregas de premios ou medallas canto pesará iso que dan. Canto pesa iso? É fráxil? De que está feito? Bueno, hai galardóns de quilos, outros que valen moito pero son case invisibles, polo tanto moi lixeiros. Así arrincamos a conversa co cineasta Alfonso Zarauza esta semana, cun dos seus premios decapitado porque e…
  continue reading
 
Os actos preceden ás persoas, aínda que non sempre falan na totalidade delas. Se o teu traballo é consistente, prolongado no tempo e unha peza fundamental para comprender o todo xeral, podemos dicir que eres un tótem. Que levas no asunto o tempo suficiente para ver xurdir e caer a moita xente, moitos estilos, e ademais para deixar pegada. Así arrin…
  continue reading
 
Todas as persoas cando son pequenas xogan ao mesmo, norma arriba e norma abaixo. A pillar, ás agochadas, á comba… e a polis e cacos. Alí establecemos xa esas categorías de bo e malo, de orde e desorde. Contrastes absolutos, sen facer preguntas. Despois medramos, vemos a variedade de grises e atopamos que eses malvados das películas quizais tiñan un…
  continue reading
 
A quen non lle vai agradar unha loanza? Unha palabra cariñosa? Un recoñecemento? Pero o certo é que hai xente que se adica a isto, non que cobre por opinar senón que vive de facer crítica. E a estas persoas é moito máis difícil, polo tanto significativo, arrincarlles palabras boas. As malas non, esas téñenas sempre a man e en pista de despegue. Por…
  continue reading
 
Ser ou non ser? Esa é… unha cuestión. Como tamén o é arrancarlle ás margaridas cada pétalo agardando que se resolva o gran misterio: quéreme? non me quere? Todas estas frases que remiten a sentimentos son exercicios dramáticos case de teatro, ou de feito son de teatro, pero que axudan a entender as nosas emocións. Para rachar co establecido como se…
  continue reading
 
Hai algo no misterio que nos invita á obsesión, a pensar e repensar e percorrer os camiños que outra xente xa percorreu na procura dunha resposta. Resolver un misterio é, desde o comezo dos tempos, unha constante no ser humano. O misterio da vida, o misterio do pensamento, o misterio da alma, o misterio de onde está aquel pantalón que mercache vai …
  continue reading
 
Obter moedas, matar bechos, pasar de fase, gañar carreiras, rescatar á princesa ( e moi moi rara vez ao príncipe), salvar o planeta, capturar monstros, roubar e matar, cociñar, facer mobles… Cada videoxogo marca os seus obxectivos e o xeito de acadalos, pero case todxs nós temos un especial interese por algún. É dicir, desde aquelas primeiras palas…
  continue reading
 
Hai persoas que habitan este planeta, camiñan entre nós e fan todo un pouco mellor, ou polo menos un pouco menos normal e aburrido. Ás veces temos a sorte de atoparnos no seu espazo e ser testemuñas do seu poder. Quedamos prendados pola súa maxia, por esas vidas tan únicas que son capaces de unir xeracións de admiradores. A directora, actriz, produ…
  continue reading
 
Deixando de lado o sentido común, o ser humano posúe cinco sentidos. A vista, o tacto, o olfacto, o oído e o gusto. Este último, en concreto, é no que nos quixemos centrar para este programa. As nosas papilas gustativas actúan diferente, a uns gústanlles cousas que a outros non, e son capaces de facernos chorar de picante ou encoller a cara por ama…
  continue reading
 
Pode ser que a Historia sexa escrita por quen gaña, pero que grazas á investigación e divulgación pode ser mudada e aberta a outros ollares tamén é unha certeza. Isto de feito pasa na actualidade, con mellores ou peores consecuencias e xerando numerosos debates, xustos ou non. Porque a Historia é así, un relato que se adapta a formatos e discursos …
  continue reading
 
Loading …

دليل مرجعي سريع